Carla Fernández, cuarta renovación no Arxil para a próxima tempada

Pontevedra
17 de xullo 2015

Un dos grandes piares do Arxil continuará un ano máis no club. A comisión deportiva pechou a continuidade de Carla Fernández que, tras aceptar a oferta de renovación que lle fixo o club, se converte na cuarta xogadora en asinar o seu novo contrato

Partido entre Arxil e Bizkaia no CGTD
Partido entre Arxil e Bizkaia no CGTD

Un dos grandes piares do Arxil continuará un ano máis no club. A comisión deportiva pechou a continuidade de Carla Fernández que, tras aceptar a oferta de renovación que lle fixo o club, se converte na cuarta xogadora en asinar o seu novo contrato.

Para Carla Fernández será a sexta tempada no Arxil. Chegou a Pontevedra procedente do Carmelitas na tempada 2010-2011 e dende entón converteuse nunha das xogadoras máis notables do equipo.

Co paso das tempadas foi gañando minutos de xogo e responsabilidade no equipo. O último ano xogou unha media de 27 minutos na liga regular e 31 na fase final, anotando 112 puntos, 70 rebotes e 47 de asistencias.

Con esta renovación, o Arxil segue confeccionando o seu equipo para a próxima tempada e únese á pivote Ana Román, á escolta María Lago e á aleiro María Centeno.

Ademais, o club asegura estar a negociar con Ana Martín, Cristina Díaz-Pache, Jara Tuda, Fany López, Ana Martín, Aldara Vázquez e Sandra Entenza, ás que se lles ofreceu continuar. Tamén haberá novas incorporacións que se irán confirmando nos próximos días.