O Club Baloncesto Arxil xa ten á súa primeira fichaxe para reforzar o xogo interior do equipo.
A portuguesa Rosinha Rosario comprometeuse co club pontevedrés para a próxima tempada tras ser peza importante no campión da liga lusa, o Clube Uniao Sportiva.
Trátase dunha ala-pívot de 1,84 metros de altura "que ten un físico moi poderoso, que é capaz de defender xogadoras máis altas e cunha gran capacidade reboteadora", defende Lino Vázquez, coordinador do club pontevedrés.
Rosinha, que foi MVP na Final Four da liga portuguesa, ocupará a vacante deixada por Fallon Lewis.
Agora o Arxil céntrase en pechar a contratación dunha pívot tras a baixa confirmada de Maimouna Diarrá e en asegurarse a continuidade do bloque da pasada campaña.