Era o esperado, pero ata este luns non se fixo oficial. O Club Baloncesto Arxil renovou ao seu corpo técnico unha tempada máis.
Deste forma Mayte Méndez volverá levar a batuta do equipo de Liga Feminina 2 co apoio de Milagros Sanmartín, Marita Janeiro e Cuco Rodríguez.
Por outra parte o club verde traballa coa idea de deixar pechada a compisición do plantel esta mesma semana.
Para iso deberá reunirse coas xogadoras que pretenden renovar, casos de Andrea Carrera, Cristina Diaz-Pache, Fany Lopez, Aldara Vázquez e Jara Tuda.
Ademais a entidade arxilista xa ten pechado o recambio para Maimouna Diarrá e que será a súa segunda fichaxe, unha xogadora "xamaicana dun metro noventa e tres centímetros", segundo recoñece o coordinador do club, Lino Vázquez, cuxo nome será revelado en canto asine o seu contrato.