A nova composición da Liga Feminina 2 de baloncesto feminino, con dúas viaxes a Canarias, trae de cabeza ao Arxil, que busca aumentar os seus ingresos para compensar os gastos extra cos que non se contaba.
"Los viajes a Canarias nos han hecho trizas" explica Lino Vázquez, coordinador do club. Por iso, mentres se segue a intentar pechar a chegada dalgún patrocinador, a entidade verde céntrase agora en aumentar o seu número de socios.
O obxectivo do Arxil pasa por aumentar a cifra de abonados dos 250 actuais ata os 400, o que supoñería unha pequena inxección económica para iniciar a tempada.
"Queremos involucrar a antiguas jugadoras, directivos o padres", comenta Vázquez, coa intención de que acheguen "una pequeña ayuda".
Esa contribución sería o prezo do carné, que se fixou en 20 euros.
FIXADO O DEBUT LIGUEIRO
Aínda que a pretempada arranca aínda o próximo martes 1 de setembro, o Arxil xa coñece o día e hora do seu debut en liga ante o Cortegada.
A Federación Española de Baloncesto confirmou que o encontro, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, se xogará o sábado 3 de outubro ás 19:30 horas.