Arxil e Cortegada empezarán con derbi a Liga Feminina 2

Pontevedra
04 de agosto 2015

A competición regular arrancará o 3 de outubro e finalizará o 16 de abril despois de completar 26 xornadas. O Arxil rematará na casa ante o Araski e o Cortegada en Vigo contra o Celta

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD
Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD / Diego Torrado

Despois de varias semanas de incerteza, a Federación Española de Baloncesto fixo público o calendario de competición para a Liga Feminina 2, na que militarán un ano máis Club Baloncesto Arxil e AD Cortegada.

A liga arrancará o día 3 de outubro e farao cun derbi entre ambos os dous equipos, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, mentres a primeira xornada da segunda volta en Vilagarcía se fixou para o 16 de xaneiro.

Tras ese encontro o Arxil xogará o seu primeiro partido a domicilio ante o León Cuna del Parlamentarismo mientra o Cortegada recibirá en Fontecarmoa na segunda xornada ao GDKO Ibaizábal.

A competición regular concluirá despois de 26 xornadas cun partido na casa para as pontevedresas, ante Araski, e en Vigo para o Cortegada, ante o Celta. Será o día 16 de abril.

Consulta aquí o calendario completo da Liga Feminina 2.