En só tres tempadas na máxima categoría, unha co Cisne e dúas con Ademar de León, Carlos Álvarez consolidouse como un dos maiores talentos do balonmán nacional.
Demostrouno hai un ano sendo nomeado MVP da Liga Asobal e mellor extremo dereito do campionato, ademais de ser o seu máximo goleador, e repíteo de novo ao ser candidato oficial a entrar no 'All Star Team' da tempada 24-25.
O pontevedrés é un do cinco xogadores seleccionados para optar ao galardón de mellor extremo dereito de Asobal, un premio sometido a votación pública ao que tamén aspiran Pancho Ahumada (BM Nava), Iñaki Cavero (Bidasoa), Pablo Urdangarín (Granollers) e Rudolph Hackbarth (Ciudad Encantada).
✨ 𝐀𝐋𝐋 𝐒𝐓𝐀𝐑 𝐓𝐄𝐀𝐌 #LigaPlenitude 24/25 ✨
— Liga Plenitude (@ASOBAL) May 7, 2025
🪄 𝗠𝗲𝗷𝗼𝗿 𝗘𝘅𝘁𝗿𝗲𝗺𝗼 𝗗𝗲𝗿𝗲𝗰𝗵𝗼
🦁 @caaarlosalvarez
🟡🔵 @caverolo
⚪️🔴 Pancho Ahumada
🟢 @RudolphHackbar1
⚪️🔵 Pablo Urdangarín
🗳️ Vota por tu favorito en el canal de WhatsApp de @ASOBAL
🔗… pic.twitter.com/OzzCgndaBT
Carlos aspira ademais a repetir como máximo goleador da tempada.
Acumula, a falta das últimas xornadas, 155 goles, cunha media de 5,74 tantos por partido. Unha cifra que lle vale para ser segundo na táboa de realizadores a só cinco tantos de Antonio García (Granollers).
Álvaro Martínez (Atlético Valladolid) e Miguel Malo (Bada Huesca) son os seguintes na lista con 152 e 149 goles respectivamente.
Entre o resto de nomeados, aparece como candidato a mellor adestrador Javier Márquez, ex técnico do Club Cisne agora na Villa de Aranda, e tamén o porteiro galego Xoán Ledo (BM Logroño), así como os arxentinos Juan Bar e Guillermo Fischer, ex xogadores do Teucro.
A Gala Asobal 2025, na que se entregarán os premios aos mellores da tempada, celebrarase o próximo 2 de xuño en Madrid.