Carlos Noguerol é a primeira fichaxe do Peixe para a tempada en LEB Oro

Marín
12 de xullo 2019

O base de Chantada regresa ao conxunto da Raña despois de tres tempadas en LEB Prata.  Gerard Sevillano, un dos heroes do ascenso, abandona a disciplina azul e ficha polo Xirona

Carlos Noguerol, primeira fichaxe do Peixe Galego para a tempada 19-20
Carlos Noguerol, primeira fichaxe do Peixe Galego para a tempada 19-20 / CB Clavijo

O Peixe Galego comeza a perfilar o plantel da próxima tempada. Despois de asegurar a súa presenza en LEB Ouro e confirmar a continuidade do adestrador Javi Llorente, a dirección deportiva do cadro marinense acaba de pechar a primeira incorporación para a nova tempada. Carlos Noguerol regresa ao cadro da Raña, co que xa celebrou o primeiro asceso á antesala de ACB, despois de tres tempadas de incesante crecemento en LEB Prata. 

A alegría por dar a benvida ao base de Chantada contrasta coa tristeza de despedir a un dos heroes do ascenso. A extraordinaria tempada asinada por Gerard Sevillano captou a atención de diversos clubs e o alero acaba de pechar a súa fichaxe polo Xirona, que este ano ten un ambicioso proxecto para conseguir o ascenso a LEB Oro. Aínda que a súa marcha de Marín dábase por feita, está confirmado que o escolta Jordan Gregory non volverá vestir o azul do Peixe, o xogador decidiu retirarse para iniciar a súa carreira como adestrador en Estados Unidos. A ambos lle desexou sorte o club a través das redes sociais.

Coa fichaxe de Noguerol, de 25 anos, Javi Llorente poderá contar cun xogador ao que coñece moi ben e que achegará carácter e intensidade, ademais do seu talento para dirixir desde a cancha o xogo do equipo, ao equipo. Antes de regresar a Marín, o lucense defendeu as cores do *Óbila, A Roda e Clavijo nos destapouse como un xogador diferencial.