O partido entre Pontevedra Club de Fútbol e UD Melilla tiña este domingo de mañá un espectador de excepción nas bancadas do Estadio Municipal de Pasarón.
Tratábase de Carlos Pouso, novo adestrador granate, aínda sen confirmación oficial á hora do encontro, e que non quixo perder as evolucións do seu equipo.
Aínda que tentou pasar desapercibido, puido verse a Pouso acompañado do seu axudante Raúl García nun discreto lugar na bancada de Preferencia.
Está previsto que Carlos Pouso asuma o mando do conxunto granate na primeira sesión de traballo da semana tras o duelo contra o Melilla.