Toda deportista soña con acudir a unha competición internacional de tal calibre, aínda que sexa na súa versión junior, e iso é o que ten na man Carolina Agulla, peche do Poio Pescamar.
A canteirá vermella, asentada desde a tempada pasada no primeiro plantel, foi convocada de novo pola Selección Española Sub-17 de fútbol sala, nesta ocasión para buscar a clasificación para os Xogos Olímpicos da Mocidade.
A cita olímpica terá lugar o próximo ano en Bos Aires, e aí quere estar Agulla, que se fixo un oco no equipo nacional.
Para iso deberán superar nunha liguiña clasificatoria, que se disputará na localidade madrileña de Las Rozas, ás seleccións de Rusia, Romanía e Kazajistán.
Carolina á concentración da Selección Española tras a próxima xornada de liga, xa que o torneo celebrarase entre os días 1 e 5 de novembro.
Completan a convocatoria nacional: Anna Muniesa (CFS Eixample), Silvia García-Milla (Móstoles), Teresa Montesinos (Alcantarilla), Èlia Gullí (Tarragona), Alba Fernández (Futsi Atlético), Marta López-Pardo (Viaxes Amerelle), Patricia Blázquez (Rioja), Yarima Miranda (Orvina) e Antia Pérez (Ourense Envialia).