Carolina Rodríguez e Sara Llana, experiencia internacional para as ximnastas do Club In Mare

Marín
29 de agosto 2015

O club marinense prepara para setembro unha máster class de ximnasia rítmica coa presenza destas dúas deportistas, que acumulan presenzas en grandes citas internacionais

Adestramentos do Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica
Adestramentos do Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica / Mónica Patxot

O sábado 26 e o domingo 27 de setembro as deportistas do Club In Mare de Marín poderán gozar dun grande evento no que mellorar o seu nivel e aprender das mellores, con dúas das mellores ximnastas do estado.

O club marinense organiza para eses días unha máster class coa presenza de Carolina Rodríguez e Sara Llana, no que poderán participar, previa inscrición, as ximnastas que o desexen.

Carolina é, aos seus 29 aos, a ximnasta máis veterana das que continúan en activo na elite internacional, e acumula presenzas en grandes citas, dende os Xogos Olímpicos a Copas do Mundo, onde logrou dúas medallas de bronce ao longo da súa carreira, ou os Xogos do Mediterráneo, que gañou en 2013.

Acompañará á leonesa a súa compañeira de club e unha das grandes esperanzas do equipo nacional, Sara Llana, que malia os seus 17 anos xa conta con varias participacións en campionatos do Mundo e Europa.

A cita desenvolverase no pavillón da Raña e as inscricións poden formalizarse a través da páxina web www.clubinmare.com ou no teléfono 699 263 347.