Doce son xa as edicións da Carreira +10 Marín Manuel Rosales, consolidada no calendario deportivo da vila.
Nunha nova edición até 714 os deportistas absolutos participantes, dato que demostra a boa saúde da proba, que este xoves foi presentada en sociedade cun acto na Alameda.
A eles súmanse até 284 escolares.
Unha cifra que agarantiza un gran ambiente este sábado 26 de xullo.
A acción comezará ás 20.30 horas da tarde coas probas sub-16 e sub-18, seguindo por carreiras para nenos e nenas de menor idade.
Por primeira vez habilitarase ademais unha categoría inclusiva.
Será así ata que ás 22.00 horas arrinque a proba abosulta de 10 quilómetros con saída na Avenida de Ourense.
Na presentación da +10 Marín participaron a alcaldesa, María Ramallo, xunto ao concelleiro Antonio Traba, o atleta veterano Manuel Rosales, o atleta olímpico Yago Rojo e o organizador do evento, Víctor Riobó.
A prueba celebrarase co apoio de Ence, a través do seu plan social, entre outros patrocinadores.