Catro atletas da Gimnástica, a por medalla no Campionato de España Promesa

Pontevedra
12 de febreiro 2015

A localidade malagueña de Antequera acolle a competición, na que tomarán parte Gonzalo Sánchez-Camacho, Manuel Molinos, Rocío Rodríguez e Alberto Guerrero

Manuel Molinos, nunha das probas de salto de altura disputadas esta tempada
Manuel Molinos, nunha das probas de salto de altura disputadas esta tempada / Sociedad Gimnástica

Gonzalo Sánchez-Camacho, Alberto Guerrero, Rocío Rodríguez e Manuel Molinos representarán á Sociedad Gimnástica de Pontevedra a próxima fin de semana no Campionato de España Promesa de Atletismo en Pista Cuberta.

A localidade malagueña de Antequera acolle unha competición destinada a deportistas de entre 20 e 22 anos no que os atletas do club pontevedrés aspiran a subir ao podio.

No seu último ano na categoría Manuel Molinos chega á cita coa terceira mellor marca dos participantes en salto de altura, disciplina na que o pasado verán logrou o título nacional ao aire libre.

Pola súa banda Alberto Guerrero chega no primeiro posto do ranking dos 800 metros e Gonzalo Sánchez-Camacho décimo nos 60 metros.

En categoría feminina Rocío Rodríguez parte coa segunda mellor marca nos 1.500 metros.