Catro nadadores do Galaico, convocados para o Nacional Infantil e Júnior por Autonomías

Pontevedra
21 de xaneiro 2015

O campionato celebrarase en Castellón os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro. 22 nadadores compoñen a convocatoria da Selección Galega

Nuria Erselle nunha competición co Galaico CN Galaico

A Federación Galega de Natación publicou a convocatoria da selección autonómica que acudirá ao Campionato de España Infantil e Júnior de Castellón, na que incluíu catro nadadores do Galaico pontevedrés.

Para a cita, que se disputará os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro, foron citados un total de 22 nadadores, entre os que se encontra o infantil Juan David Hernández e os júniors Daniel Sánchez, Nuria Erselle e Águeda Cons.

Hernández está incrito nos 100 e 200 metros braza, mentres Daniel Sánchez nadará os 100 e 200 costas e os 400 estilos.

Pola súa banda Nuria Erselle participará nos 100 costas e Águeda Cons nos 800 libre.

Entre os adestradores designados para acompañar os nadadores galegos encóntrase Fernando Zarzosa, un dos responsables deste deporte no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.