Catro ouros e dous pratas para a Gimnástica no Campionato Galego sub23 de pista cuberta

Pontevedra
21 de xaneiro 2020

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra firma unha gran actuación cunha sobresainte Lucía Ferrer.

Lucía Ferrer, a gran triunfadora do campionato, posa co seu entrenador Santi Ferrer
Lucía Ferrer, a gran triunfadora do campionato, posa co seu entrenador Santi Ferrer

O pasado domingo, día 19 de xaneiro, celebrouse na Fundación Expourense o campionato galego sub 23, no que as atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra obtiveron os mellores resultados posibles, conseguindo seis medallas.

A máis destacada foi Lucía Ferrer, quen se colgou ao pescozo un ouro dobre. A atleta pontevedresa subiu ao máis alto do podio nos 60 metros valas cun tempo de 9.37 segundos e nos 60 metros lisos con 7.92 segundos.

Foi seguida no podio dos 60 metros lisos por Claudia Torres, quen se colgou a prata nesta categoría e nos 200 metros lisos, cun crono de 25.97 segundos, que soamente se viu superado por Xiana González. Xiana parou o crono en 25.90 segundos, quedando a só 20 centésimas dos 25.70 segundos que lle pedían para conseguir o pase ao campionato de España sub 23.

A medalla restante foi para Andrea González, quen gañou a medalla de ouro con solvencia en lanzamento de peso, xa que cunha marca de 10.77 metros avantaxou por un metro á segunda clasificada.

A participación das atletas pontevedresas nesta competición foi sobresaínte, traendo con elas catro ouros e dúas pratas.