A Sociedad Gimnástica xa sabe cando empezará a súa participación na División de Honra. O 25 de abril será o día no que o conxunto masculino da escuadra lerezana iniciará unha nova carreira por manterse entre os dezaseis mellores clubs nacionais, mentres que nesa mesma xornada o cadro feminino empezará a súa participación en Primeira División coa ilusión de conseguir o ascenso á máxima categoría.
A Real Federación Española de Atletismo fixo públicos esta semana os estadillos dos clubs para a primeira xornada das ligas de atletismo. O obxectivo principal dos dous conxuntos é a permanencia, aínda que na clasificación previa a Federación sitúa aos mozos en décima posición con 33.228 puntos.
En mellor lugar parte a división feminina da Ximnástica que, con 28.935 puntos, iniciarán a competición desde a quinta posición do ránking. Nesta categoría, os oito mellores clasificados loitarán polo ascenso a División de Honra.
Aínda que a data de inicio da liga xa está fixada, o sorteo de rivais e as sedes dos primeiros enfrontamentos están aínda por designar.