Se hai un equipo dentro do Pontevedra Club de Fútbol que está a vivir un curso especialmente complicado ese é o xuvenil A que milita na División de Honra, a máxima categoría nacional, e que pechou a primeira volta da liga na última posición.
A pesar diso a entidade granate non o dá por perdido. "Estase tentado que non descenda. Estamos a facer todos os esforzos e vaise a reforzar", confirmou este martes o director deportivo do club, Toni Otero.
Tanto é así que a previsión é pechar ata catro reforzos para o equipo adestrado por Roberto Feáns, algún mesmo coa intención de que complete os adestramentos co primeiro equipo.
"Estamos ao apoiar, Ángel vai velos xogar e estamos con eles todos os días. Garántovos que se lles están dando e dotando de todos os recursos posibles", defendeu Otero sobre un equipo de canteira que "creo que é o equipo mimado do club", sinalou en relación a interese en que manteña a categoría.
Actualmente, tras 17 partidos de liga, o Pontevedra xuvenil acumula só 10 puntos, estando a 6 da zona de permanencia que marca o CD Arenal con 16 puntos con toda a segunda volta aínda por disputar.