Contratempo antes do inicio de liga para o Pontevedra Club de Fútbol relacionado co terreo de xogo do Estadio Municipal de Pasarón.
Nos últimos días o céspede do coliseo pontevedrés viuse afectado por un fungo.
Así se podía comprobar este venres a primeira ollada mentres os operarios encargados do seu mantemento afanábanse en dar os últimos retoques ao verde a 24 horas da estrea ligueira contra o Cacereño.
O problema aflorou nas dúas últimas semanas, tras o amigable disputado contra o Arenteiro.
O tratamento para acabar co fungo xa se iniciou.

Espérase de feito que o céspede mellore nun curto espazo de tempo.
Con todo para o primeiro partido de liga "parace que está un pouco irregular", recoñeceu na rolda de prensa previa ao choque o adestrador granate, Rubén Domínguez.
En todo caso "non podemos polo de escusa porque creo que o Cacereño tamén vai xogar no mesmo céspede", resolveu o técnico a preguntas dos xornalistas.