O nadador do CN Galaico, Chano Rodríguez, non deixa de sorprender. Aos seus 64 anos e na súa sexta participación nuns Xogos Paralímpicos, o vigués volveu meterse estar entre os oito mellores. Na proba dos 200 metros estilo libre, o veterano nadador logrou baixar en dous segundos a marca coa que logrou a clasificación para Tokio.
Rodríguez debutou en cita nipoa no primeiro día de competición. Na súa serie detivo o crono en 2:53.65 para asinar un cuarto posto que lle deu o pase directo á final.
Na carreira polas medallas, o vigués non tivo opcións de subirse ao podio e acabou a proba en oitava posición cun tempo de 2:52.12. Moi lonxe do italiano Francesco Bocciardo, que dominou a proba de principio a fin e logrou unha marca de 2:26:76, seguido do español Antoni Ponce e o brasileiro Daniel de Faria.
Aínda así, Chano Rodríguez terá unha oportunidade máis de ampliar o seu palmarés, que xa conta con 8 medallas de ouro, catro de prata e outras catro de bronce; este xoves na proba dos 100 metros estilo libre.
¡Llega uno de los grandes momentos para España que quiere seguir sumando metales en el centro acuático de Tokio!
— Teledeporte (@teledeporte) August 25, 2021
Hasta 3 españoles, Toni Ponce, Luis Huerta y Sebastián Rodríguez llegan con opciones a esta final de 200m libres
¡Vamos!
https://t.co/RhDvCcdM4q pic.twitter.com/TfflRC2F6O