O Club Baloncesto Arxil traballo con marxe na planificación do plantel que a próxima campaña competirá de novo na Liga Feminina 2.
A Asemblea da Federación Española de Baloncesto confirmou na súa recente xuntanza que a competición de prata do baloncesto feminino nacional continuará sen cambios o seguinte curso, isto é, con dous grupos de 14 equipos, fixando o inicio da liga para o día o 6 de outubro. Ademais o final da fase regular producirase o 13 de abril e a fase de ascenso do 25 ao 28 de abril.
Isto non quita que a directiva verde teña xa moi avanzada a confección do equipo, aínda que nos seus plans xa non entra Chantel Charles. A xogadora inglesa non seguirá en Pontevedra ao non chegar a un acordo para a súa renovación, polo que se converte na terceira baixa do Arxil tras as retiradas de Ana Román e Ana Martín.
Esta tempada Chantel Charles alcanzou 9,8 puntos e 7,6 rebotes por partido, converténdose nunha das xogadoras máis usadas nas rotacións de Mayte Méndez.
Coa súa saída o club traballa agora en realizar tres fichaxes, dos que declara ter avanzadas as negociacións cunha alero e unha ala-pívot. Ademais o obxectivo é contratar a unha pívot que poida marcar diferenzas na categoría. En canto ao resto do plantel a directiva negocia a súa continuidade.