O Arxil viaxará na liga a Cataluña, País Vasco, Navarra, Asturias e León

Pontevedra
12 de xullo 2018

A Federación Española de Baloncesto fixo pública a composición dos dous grupos da categoría de prata do baloncesto feminino e, xunto aos equipos de Galicia situou aos de Cataluña, País Vasco, Asturias e Castela e León

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Celta
Partido de Copa Galicia entre Arxil e Celta / Mónica Patxot

Catorce equipos compoñerán a próxima tempada o grupo A da Liga Feminina 2 de baloncesto na que, un ano máis, competirá o Club Baloncesto Arxil.

A Federación Española de Baloncesto fixo pública a composición dos dous grupos da categoría de prata do baloncesto feminino e, xunto aos equipos de Galicia situou aos de Cataluña, País Vasco, Asturias e Castela e León.

O grupo A da Liga Feminina 2 é:

Galicia (4): Arxil, Cortegada, Celta e Maristas.

Cataluña (5): Santa Rosa de Lima, Sant Feliu, Cerdanyola, Mataró e Siglo XXI.

País Vasco (2): Iraurgi e Ibaizabal

Navarra (1): Ardoi.

Castela e León (1): Aros León

Asturias (1): Avilés

Para as pontevedresas será un grupo de longos desprazamentos, con dúas viaxes a terras vascas, un a Navarra e cinco a Cataluña, algo que segundo a directiva do club "nos descompensa" o orzamento para viaxes. Tratarán de compensar esta situación, aseguran, con "traballo e ilusión" para confeccionar un proxecto "esperanzador".