Á marxe das dificultades para abrir o marcador no último partido do Pontevedra fronte ao Marino de Luanco, as alarmas de Pasarón acendéronse pasado o minuto 80 cando Charles tivo que abandonar o terreo de xogo coxeando.
"O porteiro caéuseme encima do xeonllo e dobrouma", explicou o brasileiro ao finalizar o partido. Aínda que prefería ser cauto e esperar ao día seguinte para ver como evoluciona a súa doenza e realizar as pertinentes probas, o pichichi granate quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade. "Non creo que sexa nada grave", recoñeceu.
Como consecuencia do golpe, explicou o ariete, "subíuseme o isquio na zona próxima ao glúteo". Foi esa tensión a que lle prevocó unha notoria coxera e o que acabou motivando a súa substitución. "Para estar a coxear, mellor que entrase outro compañeiro", admitiu o atacante.
Sobre o empate sen goles, Charles queda con que "seguimos dependendo de nós mesmos, xeramos bastante e só faltounos o gol", concluíu Charles que viu "inxusto" o tanto que lle anularon.