Chegar á decena de medallas, meta da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta

Pontevedra
22 de xaneiro 2016

A competición celebrarase o vindeiro domingo 24 de xaneiro no Palacio dos Deportes de Riazos, na Coruña

Equipo da Gimnástica na Copa Galicia 2015
Equipo da Gimnástica na Copa Galicia 2015 / Sociedad Gimnástica

O Palacio dos Deportes de Riazor, na Coruña, acollerá o vindeiro domingo 24 de xaneiro unha nova edición do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta.

Alí estará ben representada a Sociedad Gimnástica, que aspira a chegar á cifra, polo menos, de dez medallas poucos días antes de que o seu equipo masculino afronte a Copa do Rei en Valencia.

Un total de 31 atletas do club pontevedrés acudirán a unha cita que arrincará ás 11:00 da mañá nunha intensa xornada que terá continuación, tras a pausa de mediodía, a partir das 16:30 horas.

Entre as opcións máis claras de medalla, aspiran ao triunfo nas súas respectivas modalidades Víctor Gallego (peso), Darío Costas (altura) ou Rocío Rodríguez (3.000 metros), entre outros.