O Club Acuático Umia pecha a súa participación no Campionato de España de Salvamento de Distancias Curtas con tres medallas, cinco récords galegos e presenza en sete finais.
O evento, disputado en Valladolid, comezou o pasado sábado en horario de mañá coa disputa da proba de 50 obstáculos, nas que o Umia logrou un sexto posto grazas á actuación de Lidia. Esta nadadora xuvenil conseguiu, ademais, un segundo posto na carreira de 50 socorrista. Modalidade na que tamén bateu o récor galego.
Na mesma proba, o equipo masculino logrou outro segundo posto grazas ao papel do xuvenil Martiño, que bateu o mellor rexistro autonómico para subirse ao segundo banzo do podio.
O terceiro récord galego rompeuno o equipo de remudas feminino, grazas á súa oitava posición no 4x25.
O día seguinte comezou coa proba do 100 súpersocorrista, no que Ainoa e Abel asinaron un mertitorio top 10
Na modalidade de 50 aletas, a xuvenil Lida rompeu o seu segundo récord galego grazas ao seu segundo posto. No cadro masculino, o quinto posto de Miguel foi o mellor rexistro.
A última gran marca conseguida polos nadadores do Umia no nacional chegou na remuda do 4x12,5 arrastre, no que ao equipo feminino bastoulle cun oitavo posto na xeral para ser as mellores da historia de Galicia nesta disciplina.