Churre e dez máis para alimentar o soño copeiro do Pontevedra

Pontevedra
17 de decembro 2019

O central marinense, sancionado en liga, apunta este mércores (19:00 horas en Pasarón) en Copa ante o Ibiza a un once titular no que se esperan cambios, aínda que todo dependerá das condicións do terreo de xogo porque "si el campo está muy bien voy a hacer más cambios que si intuyo que está más pesado", revela Carlos Pouso

Churre, durante un adestramento do Pontevedra en Cerponzóns
Churre, durante un adestramento do Pontevedra en Cerponzóns / Cristina Saiz

A Copa do Rei máis ilusionante dos últimos anos entra en escena para o Pontevedra Club de Fútbol, que este mércores (19:00 horas) recibe no Estadio Municipal de Pasarón o Ibiza, terceiro da táboa no Grupo I da Segunda B. Os granates soñan con eliminar a partido único o cadro balear para cruzarse cun Primeira na seguinte rolda.

"Este año el premio comienza antes, porque hasta ahora te ibas matando unos a otros de manera que digamos que la Copa fuese ligeramente más cómoda para los poderosos. A mí este formato me gusta más", sinala Carlos Pouso sobre a nova cara do Torneo do K.O.

Pero antes de pensar en enfrontarse a un equipo de superior categoría o Pontevedra debe superar a un óso duro, un Ibiza dirixido por Pablo Alfaro que "es una apuesta clara y sólida por hacerse un hueco en la Liga de Fútbol Profesional", avisa Pouso, porque "es un equipo con las ideas muy claras, que tiene dos hombres por puesto y puede rotar y presentar un once realmente competitivo".

O técnico granate avanza cambios no once. "Alguno habrá, no te voy a decir cuantos", sinala, aínda que dependerá tamén do estado que presente o terreo de xogo despois das choivas dos últimos días porque "si el campo está muy bien voy a hacer más cambios que si intuyo que está más pesado", avanza o preparador vasco.

O que si apunta ao once titular é Churrre no centro da defensa, ao estar sancionado para o último partido de liga do ano por cumprir ciclo de amoestacións, e ademais regresan a unha convocatoria Pol Bueso e Santi Figueroa superadas as súas respectivas lesións musculares.

Pola contra Berrocal perderá o partido copeiro e tamén o partido de liga do domingo ante o San Sebastián de los Reyes ao recaer dos seus problemas musculares no duelo do pasado domingo. O futbolista sofre unha microrrotura fibrilar no abdutor que lle manterá un par de semanas no dique seco.

O Pontevedra fixou en 6 euros as entradas para o partido de Copa do Rei, cun suplemento de 3 euros no caso dos socios que non retiraron no verán o carné Plus.