O Club Natación Galaico estará presente na gran cita da tempada da natación española, o Campionato de España Absoluto Open de Primavera que se disputará na Piscina Can Llong de Sabadell, en Barcelona.
Todas as figuras nacionais estarán presentes na competición en busca das mínimas para as citas internacionais deste verán.
Alí estarán tamén cinco deportistas do club pontevedrés, tres nadadoras e dous nadadores.
Bea Gómez Cortés tomará parte nos 100 libre e os 200 estilos, Carla Goyanes fará o propio nos 400 estilos e 200 bolboreta, María Vilas nos 400, 800 e 1.500 libre e 400 estilos, Alexandre Lages nos 200 e 400 libre, as 200 costas e 200 bolboreta, e Bruno Rey completará a representación pontevedresa no 1.500 libre.
Será o momento de demostrar todo o traballo realizado nos últimos meses e por que non pelexar por pisar o podio nalgunha da probas.