O Galaico roza as medallas con Bea Gómez e María Vilas no Campionato de España Open

Pontevedra
10 de abril 2019

Carla  Goyanes, Álex Lages e Bruno Rey completaron a representación do Galaico na gran cita da tempada na natación española, o Nacional Open de Primavera celebrado na localidade catalá de Sabadell  

Deportistas do Galaico no Campionato de España Open en Sabadell
Deportistas do Galaico no Campionato de España Open en Sabadell

Ás portas do podio quedou ata en tres ocasiones o Club Natación Galaico na gran cita da tempada da natación española, o Campionato de España Absoluto  Open de Primavera celebrado ata este martes na localidade catalá de Sabadell.

En concreto as súas nadadoras olímpicas Bea Gómez, nunha ocasión, e María Vilas en dúas finalizaron na cuarta posición.

Bea Gómez fíxoo na proba dos 200 estilos, nos que marcou un tempo de 2:17.80 na final que lle deixaron a pouco menos de 2 segundos do bronce. A gañadora nesta proba foi Mireia Belmonte (2:14.41) por diante de Catalina Corró e Alba Vázquez, que acabaron co mesmo tempo (2:15.93).

En canto a María Vilas, foi cuarta na primeira xornada de competición nos 800 libre (8:48.38) a case cinco segundos do bronce que conseguiu a deportista do Liceo coruñés María de Valdés (8:43.68), sendo o ouro para Belmonte (8:32.29). Ademais asinou o mesmo posto nos 1.500 libre con 16:42.74 e cun resultado similar, con De Valdés marcando a fronteira do podio (16:38.19) e  Mireia Belmonte como vencedora (16:13.20).

A representación do Galaico, con menor fortuna pero sumando unha importante experiencia, completárona Carla Goyanes (400 estilos e 200 bolboreta), Álex Lages (200 e 400 libre, 200 costas e 200 bolboreta) e Bruno Rey (1.500 libre).