Quinto título consecutivo do Natación Galaico na División de Honra galega

Pontevedra
29 de abril 2019

O conxunto pontevedrés conseguiu reter o título de campión autonómico na fase final da liga que se disputou no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños

O Galaico proclamaouse por quinto ano consecutivo campión da Liga Galega de División de Honra
O Galaico proclamaouse por quinto ano consecutivo campión da Liga Galega de División de Honra / Club Natación Galaico

Galicia segue sendo territorio do Club Natación Galaico. A entidade pontevedresa conseguiu facerse co título de campión da Liga Galega de División de Honra.

Tras finalizar a fase preliminar en primeira posición e gañar o dereito para organizar a xornada final, o Galaico actuou como anfitrión da pelexa polo campionato na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.

A competición desenvolveuse o sábado 27 de abril en dobre xornada, de mañá e tarde.

Tras a mesma, o Galaico encabezou a táboa clasificatoria con 470 puntos, o que lle valeu para reter o título por diante do Club Natación Liceo (349 puntos) e o Club de Mar San Amaro (236 puntos).

É o quinto ano consecutivo no que o Natación Galaico proclámase campión da máxima categoría autonómica.