Cita importante a que afrontarán nos próximos días dous deportistas do Club Natación Galaico na localidade francesa de Brive.
Alí disputarase o Campionato de Francia Open de natación en augas abertas, segunda parada da Copa LEN europea, e alí estarán Carla Goyanes e María Vilas representando o equipo nacional.
Trátase dun evento de gran importancia polo seu esixente nivel internacional pero tamén por ser unha cita clasificatoria para o Campionato do Mundo de Gwangju-Corea do Sur e tamén para o Campionato de Europa Júnior de Racice, na República Checa.
A Selección Española concentrarase o día 19 de maio e participará poucos días despois no campionato francés.
Carla e María participarán na proba de 10 quilómetros o xoves 23 e na de 5 quilómetros o sábado 25 de maio co obxectivo de conseguir unha boa clasificación.