O Galaico acudirá con oito nadadores ao Campionato de España de Augas Abertas

Pontevedra
29 de maio 2019

María Vilas e Carla Goyanes, nadadoras internacionais nesta disciplina, comandarán en Banyoles a un equipo do Galaico que aspira a conseguir un bo resultado

Campionato de España de Longa Distancia en Mataró
Campionato de España de Longa Distancia en Mataró / CN Galaico

María Vilas e Carla Goyanes liderarán ao Club Natación Galaico no Campionato de España de Augas Abertas de Banyoles.

As dúas nadadoras internacionais nesta disciplina serán parte do equipo de oito deportistas do club pontevedrés na competición que se desenvolverá no Lago de  Banyoles, en Xirona, entre o 14 e o 16 de xuño.

O Galaico aspira a conseguir un bo resultado, animado pola boa imaxe de Goyanes e María Vilas no recente campionato de Francia e tamén ao papel de Cristian Fernández no Mundial de  Acuatlón celebrado en Pontevedra, onde foi campión na categoría de grupos de idade.

María Vilas e Cristian Fernández estarán nas dúas probas principais de 10 e 5 quilómetros, mentres que Carla Goyanes, Alexandre  Lages e Bruno Rey competirán nos 10 quilómetros e Pablo Martín e Alicia Bouzas nos 5 quilómetros. 

Por último completará o equipo Sergio Bethencourt nos 3 quilómetros.