O Club Natación Galaico pechou unha competición sobresaliente no Campionato de España de Augas Abertas celebrado na localidade catalá de Banyoles.
Ás medallas de bronce de María Vilas nos 5 quilómetros de categoría absoluta e de prata de Carla Goyanes nos 10.000 metros en idade júnior, o club pontevedrés sumou máis éxitos na xornada final, onde se disputaban as probas de remudas.
Álex Lages, María Vilas, Cristian Fernández e Carla Goyanes proclamáronse subcampións de España na remuda 4x1.250 metros. Cun tempo de 58:14.3, o Galaico só foi superado polo CN Liceo (57:43.1) e o equipo nacional portugués (57:45.8), que non computaba para o campionato nacional.
Ademais a entidade pontevedresa subiu ao podio nas clasificacións xerais por equipos, con medalla de prata para o conxunto feminino e de bronce para o masculino.