O Campionato Galego Absoluto de natación queda na casa

Pontevedra
07 de xullo 2019

O Club Natación Galaico proclamouse vencedor absoluto por equipos tanto na categoría masculina como feminina da competición que se celebrou de xoves a domingo no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños

Equipo do Galaico que se proclamou campión galego absoluto
Equipo do Galaico que se proclamou campión galego absoluto / Club Natación Galaico

O Campionato Galego Absoluto, Júnior e Infantil de Natación que se celebrou entre xoves e domingo no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños concluíu tal e como empezou, con dominio do equipo anfitrión.

O Club Natación Galaico proclamouse campión autonómico absoluto tanto en categoría como feminina, dominando as clasificacións por equipos desde a primeira xornada.

Finalmente os pontevedreses finalizaron 967,50 puntos na clasificación conxunta dos 26 clubs participantes na máxima categoría, superando a CN Liceo (724 puntos) e a Club del Mar (651 puntos), que completaron o podio.

Pola súa banda na categoría júnior o Galaico concluíu no segundo posto (424 puntos), só por detrás do Ciudad de Santiago (476), que levou a medalla de ouro.

En canto á competición infantil, venceu o CN Ferrol, co Galaico pontevedrés no sétimo posto.

No gran evento da natación galega participaron 402 deportistas de 27 clubs da comunidade.