A natación autonómica ten unha cita esta fin de semana en Pontevedra coa disputa da que é a súa gran competición, o Campionato Galego Absoluto, Júnior e Infantil de Verán.
Desde este xoves e ata o domingo 7 de xullo son 402 deportistas os que compiten na piscina olímpica pontevedresa, defendendo a 27 clubs da comunidade.
O formato da competición, con dobre sesión de mañá e tarde en piscina de 50 metros e crono electrónico, imita aos das grandes competicións.
Na categoría absoluta, o club anfitrión, o Natación Galaico, domina tanto a categoría feminina como a masculina desde a primeira xornada, mentres que na categoría júnior destaca o Pabellón de Ourense e na Infantil o CN Ferrol.