As alegrías fixéronse esperar no Europeo junior e sub23 de piragüismo celebrado en Szeged, pero chegaron finalmente nunha exitosa última xornada para os representantes da Boa Vila, que sumaron un total de cinco metais.
Estreou o medalleiro a padeeira do Náutico O Muiño de Ribadumia Silvia Gago, que avanzou até a final de C2 500 na categoría sub23 xunto á súa parella Lucía Pizarro.
A proba, moi disputada, finalizou coa pontevedresa en terceira posición (2:17.769) moi preto da segunda praza ocupada polo equipo húngaro (2:17.409). Algo máis descolgado terminou o dúo de padeeiras rusas, gañadoras da proba (2:15.378)
Mellorou as súas prestacións a lerezana do Kaiak Tudense Claudia Couto, que xa estaba clasificada para a final de C2 500 júnior de forma directa e que logrou a medalla de prata xunto á súa compañeira Elena Gómez (2:11.076).
A loita polas medallas estivo reñida ao contrario que a pelexa polo ouro, pois de novo as rusas dominaron de principio a fin.

Pechando a modalidade de C2 500 cabe destacar o dúo do Club Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga formado por Raúl Fernández e Pedro Torrado.
Un tempo de 1:50.478 foilles suficiente para deixar fóra do podio aos húngaros e alzarse coa medalla de bronce.
A modalidade masculina sub23 non foi diferente, pois os rusos se subiron de novo todo o máis alto do podio.
Os últimos metais protagonizáronos dúas piragüistas afincadas na Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e no Piragüismo Poio Pescamar respectivamente, Natalia Moreira e Valeria Oliveira.
Natalia formou parte do equipo de K4 500 sub23 xunto a Yaiza Novo, Uxía Rodríguez e Carla Corral. A pesar de que a igualdade foi máxima, a padeeira da Boa Vila logrou o bronce xunto ao seu equipo cun tempo de 1:42.510.
Pechou a xornada dominical e, por tanto, a competición, a padeeira Valeria Oliveira na final de C4 500 mixto formando equipo con Daniel Olivares, Ana Cantero e Daniel Ros.
O seu bo facer permitiulles conquistar a prata (1:47.779), pero non foi suficiente para desbancar ao combinado húngaro da primeira posición (1:46.123).
A pesar de non lograr subirse ao podio, tamén cabe destacar a actuación doutros padeeiros pontevedreses que alcanzaron as finais das súas modalidades.
Lorena Pérez e Iris Corredoira rozaron o bronce no K4 500 ao finalizar en cuarta posición mentres que Sara Durán, Alba Lago, Lara Remigio e Silvia Gago asinaron boas actuacións nas súas respectivas finais.
Tamén Martín González e Tomás Pérez alcanzaron a loita polas medallas no C4 500 mixto mentres que Sofía Parada impúxose na final de consolación do K1 200 junior.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.