O Cisne di adeus ao seu máximo goleador, João Ferreira

Pontevedra
18 de xuño 2026

O lateral portugués non seguirá no equipo a próxima tempada. É a sexta baixa confirmada polos pontevedreses

 João Ferreira, no partido entre Cisne e Blendio Sinfín Santander no Municipal
João Ferreira, no partido entre Cisne e Blendio Sinfín Santander no Municipal / Cristina Saiz

Sexta baixa no Club Cisne Balonmán para a próxima tempada.

Nesta ocasión trátase ademais dun dos xogadores de máis peso no equipo o último curso, ata o punto de ser o seu máximo goleador e o noveno máximo artilleiro da División de Honra Prata.

João Ferreira poñerá fin á súa etapa no Cisne despois de uuna única campaña.

O lateral esquerdo portugués aterrou o pasado verán en Pontevedra procedente de Os Belenenses, e marcha tras anotar 142 goles en 30 partidos de liga (4.73 de media por encontro).

Ferreira únese desta forma á lista de saídas no Cisne que completan Iván Calvo, Xoán Fernández, Víctor Fernández, Álex López e Santiago Bedoya.