O Cisne, á final da Copa Galicia tras vencer o OAR Coruña

Pontevedra
23 de agosto 2025
Actualizado: 22:13

Os brancos reaccionaron no segundo tempo para facerse co triunfo por 29-34

Partido de Copa Galicia entre o OAR Coruña e o Cisne
Partido de Copa Galicia entre o OAR Coruña e o Cisne / Club Cisne Balonmano

O Club Cisne Balonmano clasificouse para a final da Copa Galicia despois de superar ao OAR Coruña por 29-34 no Polideportivo Municipal Novo Mesoiro.

O conxunto local, recentemente ascendido a División Honra Prata, puxo contra as cordas aos brancos durante a primeira metade, o que se traduciu nun marcador en igualado ao descanso (17-17).

Despois do paso polos vestiarios, o Cisne reaccionou, apontoou a defensa e tomou a dianteira cun importante colchón de catro tantos (24-28).

A pesar de que o OAR Coruña tratou de meterse de novo no partido, o equipo lerezano aguantou o resultado até facerse co triunfo final por 29-34.

Cabe destacar que o arranque oficial do curso para o Cisne será o 14 de setembro fronte ao equipo coruñés.

Pola súa banda, a próxima cita de pretemporada está fixada para o xoves 28 de agosto fronte ao Atlético Novás no Rosal.