O Club Cisne Balonmano regresou á senda da vitoria tras sete xornadas consecutivas sen gañar ao imporse por 34-21 ao pechacancelas Alcobendas.
Os brancos, obrigados a reencontrarse co triunfo na casa, ofreceron un recital de xogo ante un rival que chega á xornada 19 con 0 puntos no seu marcador.
Os pontevedreses saíron con máxima intensidade e asinaron un parcial inicial de 4-1 que marcou o devir do encontro. A vantaxe foi crecendo até alcanzar o cinco goles (8-3), momento no que o adestrador visitante solicitou tempo morto.
O Alcobendas endosou un parcial de 1-3 que lle permitiu colocarse a tres goles do empate (9-6, min. 17), pero o Cisne retomou as rendas e foise ao descanso con esa pequena renda de +3 (15-12).
Tras o paso polos vestiarios, Xoan Fernández inaugurou o marcador e os de Lérez elevaron a súa vantaxe até o 19-13, incluso xogando cun home menos. A defensa e a portaría branca convertéronse entón nun muro, limitando o rival a só dous goles nos primeiros 15 minutos do segundo tempo.
Mientra tanto, os locais non desaproveitaron as súas oportunidades en ataque e elevaron o resultado ao 26-14, forzando un novo tempo morto visitante.
Tras a pausa, o Alcobendas reaccionou con sete dianas, pero Cisne respondeu con outro oito para certificar un triunfo claro e merecido (34-21) despois de tantas semanas de seca.
Destacou no partido o recentemente chegado Bruno Landim, que brillou na súa estrea co equipo lerezano ao converterse no máximo anotador do partido con nove goles.
Consulta as estatísticas neste enlace

Partido entre Cisne e Alcobendas no Municipal