O Cisne iniciará a liga o 12 ou 13 de setembro en Oviedo

Pontevedra
25 de xuño 2026

A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer o calendario de competición da División de Honra Prata Masculina na que competirá un ano máis o Cisne

Partido entre Cisne e Barça Atletic no Municipal
Partido entre Cisne e Barça Atletic no Municipal / Cristina Saiz

A tempada 26-27 xa ten o seu camiño debuxado para o Club Cisne Balonmán.

A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer este xoves o calendario de competición da División de Honra Prata Masculina na que competirá un ano máis o conxunto pontevedrés.

Os de Quiños estrearán curso en Asturias, visitando ao Balonmano Base Oviedo o sábado 12 ou domingo 13 de setembro.

Unha semana despois, o seu primeiro encontro como local será fronte a Los Dólmenes Antequera.

Será unha tempada cun único rival galego, o OAR Coruña, con partidos na xornada 13 na Coruña (6-7 decembro) e na 28 en Pontevedra (17-18 de abril), na antepenúltima cita da liga regular.

No que repescta á última xornada, o Cisne recibirá nesa data (1-2 de maio) ao Balonmano Huesca no Pavillón Municipal dos Deportes.

O calendario completo da División de Honra Prata pode consultarse na páxina web da Real Federación Española de Balonmán.