Nova peza confirmada para o próximo proxecto do Club Cisne Balonmán na División de Honra Prata.
O club pontevedrés anunciou este luns o regreso a casa dun dos seus novos talentos, tras unha tempada de cesión.
Trátase de extremo Manu Hernández.
Internacional en categorías inferiores, Manu foi cedido a pasada campaña ao Reconquista vigués para foguearse en Primeira Nacional.
Agora, será un máis no persoal de División de Honra Prata.
"Talento, proxección e verticalidad para o noso ataque tras o seu ano de crecemento en Vigo", destaca o Cisne sobre a volta do extremo.
Hernández é o sexto xogador confirmado para o Cisne 26/27.
Únese aos renovados Alberto Delgado e Manu Lorenzo e aos fichados Juan Saco, Carlos Gómez e Luisma De Goya.