Terceiro día consecutivo con anuncio de fichaxe o Club Cisne Balonmán, que aos poucos vai construíndo o proxecto co que volverá competir a próxima tempada 26/27 na División de Honra Prata.
Nesta ocasión, o equipo pontevedrés confirmou a incorporación de Luisma de Goya.
Trátase dun lateral esquerdo de 23 anos e 1,94 de altura.
"Achegará explosividad e potencia á nosa primeira liña", asegura o Cisne.
📝✅ 𝐋𝐮𝐢𝐬𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐨𝐲𝐚 es Cisne
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) May 15, 2026
🔹 El leonés, formado en la cantera @ADEMARLEON y con experiencia en Alemania 🇩🇪, llega a Pontevedra procedente del @OARCorunaBM
🔹 Con 23 años y 1,94 cm, aportará explosividad y potencia a nuestra primera línea. #VamosCisne pic.twitter.com/7HG0VLI8Qy
De feito é a terceira chegada para esa primeira liña, tras as fichaxes de Carlos Gómez e Juan Saco.
Leónes e formado na canteira de Ademar, Luisma de Goya defendeu as dúas últimas tempadas a camiseta do OAR Coruña, con quen ascendeu desde Primeira Nacional e asentouse esta campaña recentemente finalizada en Prata.
Tamén pasou por equipos como o HBV Jena 90 alemán e o Handbol Mallorca.
Coas tres fichaxes anunciadas son xa cinco as pezas confirmadas no novo proxecto do Cisne, xunto aos renovados Manu Lorenzo e Alberto Delgado.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.