Juan Saco é a primeira fichaxe do Cisne 26-27

Pontevedra
13 de maio 2026

O lateral internacional arxentino comprometeuse co Cisne para a próxima tempada. Chega a Pontevedra procedente do Proin Sevilla, equipo co que logrou o ascenso á Liga Asobal

Juan Saco, tras un partido co BM Proin Sevilla / BM Proin Sevilla
Juan Saco, tras un partido co BM Proin Sevilla / BM Proin Sevilla

O Club Cisne Balonmán non tardou en pechar á súa primeira fichaxe para a próxima tempada 26-27, na que volverá competir na División de Honra Prata.

Despois de anunciar as primeiras saídas no persoal, o club pontevedrés acelerou para cubrir un deses ocos.

Fíxoo concretando a chegada do lateral Juan Reynaldo Saco.

Internacional absoluto por arxentina, de 24 anos de idade, chega a Pontevedra procedente do BM Proin Sevilla.

Co equipo andaluz vén de proclamarse campión en Prata logrando o ascenso á Liga Asobal.

"Achegará definición, poderío e forza ao ataque cineísta esta próxima tempada", asegura o Cisne.

Juan Saco levaba catro tempadas en Sevilla, lugar no que colaborou no crecemento do club desde a Primeira Nacional.

Antes defendera o Club Alemán de Quilmes, no seu país natal.

O lateral dereito é a terceira peza confirmada para o novo proxecto do Cisne, xunto aos renovados Manu Lorenzo e Alberto Delgado.