O fin de tempada do Club Cisne Balonmán trae consigo unha sensible baixa de cara á tempada 26/27 e non é outra que a de Xoan Fernández.
Aos seus 20 anos de idade, o lateral esquerdo foi unha das pezas clave na escuadra cisneísta para lograr o obxectivo da permanencia en División de Honra Prata.
Con 106 goles na súa conta particular logrou ser o segundo máximo anotador do equipo só por detrás de Joao Ferreira (142)
De feito, as súas grandes actuacións servíronlle para formar parte de maneira habitual nas convocatorias da selección española júnior e todo parece indicar que estará na listaxe para o Europeo sub-21.
Ademais, todo apunta a que o Anaitasuna será o novo destino do xogador coruñés e Nacho Moyano, que dirixe o combinado español, tamén adestra o conxunto navarro.
O club lerezano quixo desexarlle "toda a sorte do mundo no teu novo proxecto persoal e profesional", ademais de asegurar que Xoan vaise "deixando pegada no vestiario e na bancada do Municipal".
VÍCTOR FERNÁNDEZ CAUSA BAIXA
O central Víctor Fernández tampouco seguirá a próxima campaña tras unha tempada marcada por unha lesión de gravidade no seu xeonllo dereito.
O xogador sufriu unha lesión de ligamento cruzado anterior a principios de tempada, un contratempo que lle mantivo afastado das pistas durante todo o ano.
A súa baixa únese ás de Xoán Fernández e Iván Calvo de cara á tempada 26/27.