O Club Cisne Balonmano segue dando forma ao plantel que militará o próximo curso en División de Honra Prata.
A través dun vídeo en redes sociais, o club anunciou que "o noso canteirán Manu Lorenzo renova o seu compromiso co noso escudo até a tempada 2027/28", asumindo "o reto de defender as nosas cores en División de Honra Prata desde o pivote".
✅📝7️⃣
— Club Cisne Balonmán (
🔹 O noso canteirán Manu Lorenzo renova o seu compromiso co noso escudo até a tempada 2027/28.
🔹 O xogador asume o reto de defender as nosas cores en #DHPMRFEBalonmano desde o pivote.
🦢 Un compromiso con sangue de Cisne.
🩵🤍🩵 #VamosCisne pic.twitter.com/Qu3jXdVkzVClubCisneBalonm) April 27, 2026
O que tamén continuará vestindo a camiseta branca será o extremo dereito Alberto Delgado que, tras a súa lesión de longa duración, asume o reto de quedar en Pontevedra un ano máis.
O xogador sufriu no segundo partido de liga unha rotura completa do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, lesión que requiriu intervención cirúrxica e mantívoo apartado do terreo de xogo todo o ano.
📝🇮🇨 "𝑷𝒐𝒏𝒕𝒆𝒗𝒆𝒅𝒓𝒂 𝒔𝒊𝒈𝒖𝒆 𝒔𝒊𝒆𝒏𝒅𝒐 𝒎𝒊 𝒄𝒂𝒔𝒂" 🦢
— Club Cisne Balonmán (
🔹 Alberto Delgado renova o seu compromiso polo noso Club unha tempada máis.
🔹 O canario asume o reto de quedar en 'casa' para a tempada 2026/27#VamosCisne |RFEBalonmano pic.twitter.com/xkMgFLYY3kClubCisneBalonm) March 27, 2026
Agora o Cisne afronta os últimos dous partidos de liga coa permanencia asegurada de maneira matemática, viaxando a Santander para enfrontarse ao Blendio Sinfín (sábado 2, 19:00 horas) e recibindo ao Benidorm (sábado 9, 19:00 horas) no Pavillón Municipal.