Cita coa historia para o Ribadumia en Cantabria

O Salnés
10 de novembro 2020

O conxunto aurinegro visita este mércores 11 (20.00 horas) o Miengo da Preferente cántabra na rolda previa da Copa do Reyi A recompensa para o vencedor será enfrontarse na seguinte eliminatoria a un equipo de Primeira División

Expedición do Ribadumia antes de partir cara a Cantabria para disputar a fase previa da Copa do Rei
Expedición do Ribadumia antes de partir cara a Cantabria para disputar a fase previa da Copa do Rei

Só 90 minutos separan ao Club Deportivo Ribadumia de poder enfrontarse a un equipo de Primeira División na Copa do Rei.

É a recompensa que espera ao vencedor da rolda previa que este mércores 11 de novembro (20.00 horas) disputarán os aurinegros no campo de Cuchía, onde habitualmente xoga os seus partidos o Miengo cántabro. En concreto recibir no seu estadio a un equipo de Primeira que non dispute a Supercopa de España.

Os de Luís Carro emprende este martes viaxe a terras cántabras, e fano coa ilusión por bandeira.

Nin as baixas de homes como Paco, Álex Fernández e Óscar Martínez e a dúbida sobre o estado físico de varios futbolistas frean as expectativas dun equipo que iniciou de maneira positiva a súa tempada de regreso a Terceira División. Os da Senra, con 7 puntos en 4 xornadas, son cuartos actualmente no Subgrupo  B da competición.

Peor o ten con todo o seu rival en Copa, un Miengo que milita na Preferente cántabra e que chegará despois de xogar só un encontro de liga, que perdeu por 0-3. Foi na primeira xornada do torneo doméstico, xa que a segunda foi aprazada e despois a competición de Preferente foi suspendida en Cantabria.

A pesar deles no modesto municipio cántabro, de algo máis de 3.000 habitantes, vívese con emoción esta fase previa. Tanto é así que a pesar das restricións e que o encontro se disputará a porta pechada, instalarán pantallas xigantes na zona do aparcamento do campo municipal para que os seus seguidores poidan presencialo mantendo iso si as pertinentes medidas de seguridade.