O CNA Galaico Pontevedra arrasa no Campionato Galego de Natación Artística en Rías do Sur

Pontevedra
15 de xuño 2026

O club pontevedrés foi o mellor club da competición autonómica liderando as clasificacións nas categorías alevín, infantil, júnior e absoluta

Podio do Campionato Galego Open de Verán de Natación Artística
Podio do Campionato Galego Open de Verán de Natación Artística / Federación Galega de Natación

O Club Natación Artística Galaico Pontevedra foi profeta na casa, na celebración no Complexo Deportivo Rías do Sur do Campionato Galego Open de Verán.

A entidade pontevedresa foi a gran dominadora da competición autonómica disputado en Ponte Muíños.

Todo iso despois dunhas semanas inesquecibles grazas á Copa do Mundo celebrada na Boa Vila.

No que respecta ao Campionato Galego, o Galaico foi tras dous días de competición o mellor club liderando as clasificacións nas categorías alevín, infantil, júnior e absoluta.

Na táboa final acumularon 4685,3800 puntos superando con autoridade ao CN Sincro Ourense (3892,7949 puntos) e ao RCN de Vigo (3610,2600 puntos), segundo e terceiro respectivamente.

A nivel individual, o Galaico Pontevedra sumou oito medallas de ouro galegas.

Lográronas Clara Maquieira e Iván González no dúo mixto libre e o ténico júnior, o dúo mixto absoluto con Reyes Gómez e Juan David Hernández, o dúo libre feminino absoluto de Ana Amatria e Inés Soto, Iván González no solo libre e o solo técnico masculino, o dúo mixto infantil con Mariña Calvo e Iván González e o dúo mixto alevín con Alda Mariño e Roi Calvo.

O Campionato Galego foi o colofón a nivel de clubs para unha tempada difícil de esquecer no CNA Galaico Pontevedra.