Combarro prepárase para recibir a máis de 250 nadadores na Volta a nado Illa de Tambo

Poio
15 de xullo 2026

A proba reunirá deportistas de 12 comunidades autónomas e tres países o próximo 26 de xullo, con percorridos de 1, 4,5 e 6 quilómetros e máis de 40 premios a repartir

Volta a nado Illa de Tambo Atlantic Extreme Sports

A quinta edición da Volta a nado Illa de Tambo, unha proba organizada polo Concello de Poio e Atlantic Extreme Sports que busca consolidarse no calendario deportivo galego e que reunirá a máis de 250 nadadores, xa está ao virar a esquina.

Combarro xa se prepara para acoller este evento, que se celebrará o próximo 26 de xullo e no que participarán nadadores de 12 comunidades autónomas e de Suíza, Brasil e Portugal, tendo este último unha alta representación con máis de 30 participantes.

Con saída e chegada na Praza da Chousa, localización das zonas de avituallamiento, servizos de masaxe e entrega de premios, os deportistas afrontarán tres distancias de 1, 4,5 e 6 quilómetros.

Volta a nado Illa de TamboAtlantic Extreme Sports

O primeiro destes percorridos está destinados a maiores de 12 anos con categorías sub 16 e +16 mentres que nas opcións de 4,5 e 6 quilómetros todos os participantes poderán escoller si nadar con ou sen traxe de neopreno pero coa obrigatoriedade de utilizar aboia de seguridade.

Á presentación acudiu o alcalde de Poio, Ángel Moldes; o concelleiro de Deportes, Cándido Muíños; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández López; a directora de Ence en Pontevedra, Esther Couceiro; a directora de Abanca en Combarro, Ana Ansín Díaz, e a directora de Atlantic Extreme Sports, Beatriz Alvariño Díaz del Río.

Esta última quixo destacar no acto institucional a colaboración de ENCE, pois esta travesía foi seleccionada dentro do plan social de axuda ao deporte base.

A súa directora, Esther Couceiro, sinalou a importancia de que esta proba atraia cada ano a tantos participantes de distintos puntos de España e outros países xa que "demostra que a ría de Pontevedra ten a capacidade de proxectarse ao exterior a través do deporte".

O evento terá un amplo dispositivo de seguridade formado por 17 embarcacións e 30 kaiaks e paddle surf.

Ademais contará co apoio de de Protección Civil de Poio e Marín, Escola Naval Militar de Marín, Mariña Combarro, Club Marítimo de Raxó, Nauta Sanxenxo, Guardia Civil do Mar, PescaCíes, club de piragüismo de Poio e a asociación de voluntarios Vodea.

Presentación da quinta edición da Volta a nado Illa de TamboConcello de Poio

Co fin de facilitar a orientación dos nadadores, o percorrido tamén estará balizado con aboias de sinalización.

En total entregaranse 40 premios nas tres distancias: Aos tres primeiros clasificados absolutos e sen neopreno (categoría masculina e feminina) nos percorridos de 4,5 quilómetros e 6 quilómetros; aos tres primeiros clasificados absolutos (categoría masculina e feminina) nas categorías sub 16 e +16 na distancia de 1 quilómetros; ao nadador máis novo e veterano; ao primeiro nadador e primeira nadadora censado en Poio; e medallas para os tres primeiros clasificados nas 12 categorías por idade na distancia de 6 quilómetros.

Ademais, a organización sorteará máis de 20 agasallos entre todos os participantes inscritos nesta quinta edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora