Comeza a era Luisito nun Pontevedra que xa pensa na visita do Boiro

Pontevedra
21 de outubro 2014

Luisito, o seu segundo Pepe Rico e o preparador físico Roberto Valdés presentáronse ante o plantel e dirixiron a súa primeira sesión. Fran Fandiño, que está á espera de de coñecer os resultados dunha resonancia magnética, e Tubo, únicas baixa por lesión para o encontro do próximo domingo

Roberto Valdés, Luisito e Pepe Rico durante o seu primeiro adestramento
Roberto Valdés, Luisito e Pepe Rico durante o seu primeiro adestramento / Mónica Patxot

Os xogadores do Pontevedra xa coñecen de primeira man as intencións do seu novo adestrador, Luisito.

O técnico, acompañado do seu segundo Pepe Rico e do preparador físico Roberto Valdés, dirixiu a súa primeira sesión de traballo no Estadio Municipal de Pasarón.

Antes de saltar ao terreo de xogo produciuse unha charla no vestiario de case media hora, trala cal levouse a cabo unha sesión de recuperación para os titulares en Ponteareas e máis intensa para o resto de futbolistas.

Luisito pensa xa en como encarar a visita do Boiro o vindeiro domingo, un equipo que cualificou de perigoso ao "estar confirgurado para jugar el play-off".

Para este partido o novo adestrador recuperará a David Feito, que este luns aínda adestrou a menor ritmo pero que se atopa moi mellorado da sobrecarga muscular que lle mantivo fóra do equipo a semana pasada.

Os que non estarán son Fran Fandiño e Tubo. O primeiro deles evoluciona favorablemente pero está pendente dos resultados da resonancia magnética á que foi sometido. En caso de non arroxar nada novo, o centrocampista estará de baixa polo menos dúas semanas.

Pola súa banda Tubo realizará unha proba durante esta semana incrementando o seu ritmo de traballo. Si non deixa atrás as molestias derivadas da súa hernia discal podería decidir pasar polo quirófano.

Na primeira sesión semanal tamén exercitouse a menor ritmo Pedro García, por mor dun golpe sufrido ante o Cultural Areas, pero o seu estado non preocupa e se non hai contratiempos estará a disposición do técnico.