Complicada estrea dos representantes do Ravachol no torneo individual do Europeo Junior de bádminton

Pontevedra
04 de novembro 2020

Ania Setién e Gabriel Fernández compiten estes días no Campionato de Europa Júnior que se está disputando na localidade finlandesa de Lahti

Gabriel Fernández e Ania Setién no Internacional Júnior de Lituania
Gabriel Fernández e Ania Setién no Internacional Júnior de Lituania / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Ania Setién e Gabriel Fernández non se estrearon con bo pé na competición individual e por parellas do Campionato de Europa Júnior de bádminton que se está disputando na localidade finlandesa de  Lahti.

Despois de conseguir un notable quinto posto por equipos coa Selección Española, os representantes do Ravachol Pontevedra estreáronse na segunda fase do torneo.

Ania Setién mediuse a unha xogadora complicada como a ucraína Mariia Stoliarenko. A deportista vasca do club pontevedrés tentou impoñer o seu xogo pero non o logrou, cedendo en tres mangas por 21-15, 21-15 e 21-13. 

Pese ao resultado e a que se recupera dunha recente lesión, Setíen tomou parte tamén da competición de dobres formando parella con Lucía Rodríguez. Ambas enfrontáronse ás checas Lucie Krpatova e Katerina Zuzakova, e perderon por un axustado resultado. Foi un partido moi igualado na que a xogadora do Ravachol non tivo fortuna ao torcerse o pé e  prosucirse unha escordadura que minguou o seu xogo. O tenteo final foi de 21-18 e 23-21.

Pola súa banda Gabriel Fernández enfrontouse a un dos grandes favoritos do torneo, o danés Christopher Vittoriani, cedendo por 21-13 e 21-10 en 22 minutos #ante un rival chamado a ser unha da grandes figura do bádminton europeo.