Conceden a Pontevedra a organización do Nacional Alevín-Infantil de Inverno de Natación Artística

Pontevedra
10 de outubro 2024
Actualizado: 12:18

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños acollerá o Campionato de España Alevín e Infantil de Inverno de Natación Artística do 28 ao 30 de marzo de 2025

Campionato galego de inverno de natación artística en Ponte Muíños Diego Torrado

Desde a súa reapertura, a intención da Fundación e do Concello de Pontevedra, con axuda dos clubs, é converter o Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños nunha referencia a nivel nacional. Por ese motivo, a organización de grandes campionatos é unha das súas metas.

Neste aspecto, a instalación pontevedresa asegurou o seu primeiro gran evento a nivel estatal de 2025.

A Real Federación Española de Natación confirmou que a Boa Vila acollerá do 28 ao 30 de marzo o Campionato de España Alevín e Infantil de Inverno de Natación Artística.

Será organizado polo Club Galaico Sincro con apóio da Federación Galega de Natación e do Concello, que asume os custos derivados do campionato.

Trátase dun evento no que o pasado ano, en Sabadell, participaron 333 nadadoras de 42 clubs nacionais.