Concentración do Froiz en Manzaneda para preparar os seus últimos retos da tempada

Pontevedra
21 de agosto 2024

Catro ciclistas do equipo pontevedrés concéntranse estes días en altura para preparar a súa participación nas próximas carreiras, especialmente a Volta a Galicia

Ciclistas do Froiz concrentrados na estación de montaña de Manzaneda
Ciclistas do Froiz concrentrados na estación de montaña de Manzaneda / Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz ten xa a súa mira posta nos últimos grandes obxectivos da tempada, especialmente na Volta a Galicia que se celebrará do 12 ao 15 de setembro.

Para chegar no mellor estado de forma catro ciclistas do equipo pontevedxrés éntranse estes días en altura nunha concentración que se está a desenvolver na estación de montaña de Manzaneda.

Trátase de Ángel Maneiro, José Autran, Miguel Rodríguez e Rubén Fandiño, que teñen previsto completar o vindeiro venres 23 un total de 21 días adestrando en altura.

Pola súa banda o resto de ciclistas que estarán na Volta a Galicia estiveron concentrados en Serra Nevada, como é o caso do portugués Lucas Lopez.

Ademais da rolda por etapas galega, o Froiz ten previsto participar na Volta a Salamanca, así como este mesmo domingo 25 de agosto en Domaio no Campionato Galego de Fondo en Estrada.