Competir na elite está a ter un custo extra no económico para a Sociedad Deportiva Teucro co que non contaba cando os xestores da entidade planificaron a tempada.
Todo pola falta de previsión á hora de confirmar o horario dos partidos, que provoca organizar as viaxes para os choques fóra da casa sen apenas tempo.
Detrás de todo atópase o acordo televisivo con Movistar +, porque é a plataforma a que atrasa a confirmación das datas ata indicar que partido televisará e cales entrarán no carrusel que ofrece cada fin de semana.
Esta situación provocou a queixa de varios clubs, entre eles o Teucro, á Liga Asobal.
Carlos García-Alén: "Es imposible comprar billetes baratos con 15 días de antelación"
"Es imposible comprar billetes baratos con 15 días de antelación. Estamos condenados al viaje en autobús", explicou hai uns día o presidente azul, Carlos García-Alén.
Poñendo o exemplo do próximo partido, fixado para o sábado ás 20:30 horas en Granollers, "si hubiésemos comprado 15 días antes los billetes los hubiésemos sacado por poco más de 1.000 euros", sinala o dirixente pontevedrés.
Só no mes de outubro, o Teucro debe asumir catro desprazamentos, tres de liga (Benidorm, Granollers e Villa de Aranda) e un de Copa do Rei a Irún.